ADEGA, a Asociación para a Conservación e o Estudo do Lobo Ibérico (ASCEL) e o Grupo de Estudio dos Animais Salvaxes (GEAS) demandan unha investigación.
O cadáver do lobo, que presentaba tres orificios compatíbeis con ferida de perdigón, foi atopado por un veciño de Barros no lugar de Valinas.
O achado prodúcese na
zona en que se estaba a realizar un campionato de caza do raposo, en que terían
tomado parte máis de 300 cazadores.
A meio dun comunicado
conxunto, Adega, a Asociación para a Conservación e o Estudo do Lobo Ibérico e
o GEAS cualifican o suceso como "moi grave" ao amosar "o
desprezo dalgunhas persoas polo patrimonio natural e o respecto ás leis".
Reiteran a súa
oposición á realización dos campionatos de caza de reposo por seren reprobábeis
do ponto de vista moral e careceren de xustificación científica
"Lembramos",
afirman, "que a caza do lobo nesta zona está totalmente prohibida ao
abeiro do Plan de Xestión lobo agás autorizacións moi excepcionais".
Para Adega, ASCEL e o
GEAS, os campionatos de caza de raposo carecen da suficiente vixilancia.
Alertan de que o vindeiro domingo se vai realizar unha nova proba destas
características en Dozón e piden que se cancele de non se estabelecer as
garantias necesarias para impedir que se volte a atentar contra animais
protexidos. En todo caso, reiteran a súa oposición á realización destes
campionatos "por resultar unha competición en que se premia a habilidade
de matar o maior número de raposos no menor tempo posíbel".
As organizacións
ambientalistas instan a administración galega a que "actúe firmemente e de
oficio ante os actos de furtivismo por desgraza habituais na comunidade galega
e que se persigan por vía penal con sentenzas exemplares". No comunidade
de imprensa, Adega, ASCEL e o GEAS alegan que os campionatos de raposos
non só son reprobábeis do ponto de vista ético e moral, senón que
"non teñen xustificación científica, e fanse á marxe da planificación
cinexética dos TECORES [terrenos cinexeticamente ordenados]".
http://www.sermosgaliza.gal/articulo/social/aparece-lobo-morto-perto-onde/20180118163127065188.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.