Páginas

sábado, 28 de marzo de 2015

Lobos atacan a un burro no Corgo (Lugo)"O dono quere facer unha lectura un pouco positiva". "Aínda que era un animal moi querido por todos os nosos visitantes e por nós e moi entrañable e loxicamente lamentámolo, nós somos defensores do lobo, que tamén é un animal mítico", apostilou.

O dono da Casa rural da Fervenza no municipio do Corgo, limítrofe co de Lugo, Norman Pérez, formalizou este luns na delegación da Xunta, en medio, unha denuncia polo ataque de lobos a un burro da súa propiedade que foi devorado e do que soamente deixaron a cabeza na noite do sábado ao domingo. Os feitos producíronse "a uns 400 ou 500 metros" da casa, nun prado no que se encontraban tamén un mastín e unha egua que non obstante non sufriron lesións, aínda que o can "coxea un pouquiño", segundo explicou. O burro, segundo relata Norman Pérez, "tiña o mal costume de pasear bastante lonxe e o prado estaba aberto pola limpeza do río". "O burro marchara nas súas frecuentes excursións e collérono no medio do bosque, a uns catrocentos ou cincocentos metros da casa", sinalou.
Pérez quere "facer unha lectura un pouco positiva". "Aínda que era un animal moi querido por todos os nosos visitantes e por nós e moi entrañable e loxicamente lamentámolo, nós somos defensores do lobo, que tamén é un animal mítico", apostilou. Hai que velo como positivo, que a quince quilómetros da cidade (de Lugo) poidamos ter o lobo convivindo. En Galicia falan de 400 ou 500 lobos e conviven co home, e teñen que comer tamén", comentou.















No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.